A peaxe que deixou a vitoria ante a Cultural Leonesa foi alta no Pontevedra, unha vez confirmadas as lesións de Adrián León e Nacho González.
Especialmente preocupante é o caso deste último xa que o lateral, segundo confirmou este mércores Luismi, sofre unha "pequeña lotura del ligamento lateral interno" do seu xeonllo, o que lle manterá no dique seco "entre 4 y 6 semanas" se todo evoluciona correctamente.
Menos grave é a doenza de Adrián León, quen "no llegó a romper pero sí tiene una contractura importante" na perna, explicou o técnico, que estima o período de baixa entre os 7 e os 10 días, o que lle converte seguro en ausencia para o choque do próximo sábado en Navalcarnero.
Por se os problemas en defensa non fosen suficientes, este mércores na volta do equipo aos adestramento Víctor Vázquez 'Churre' exercitouse a menor ritmo por precaución, xa que "visto como estamos de efectivos creímos que no era conveniente arriesgar, lo importante es que llegue al sábado", recoñeceu Luismi.
O preparador granate con todo non se mostrou especialmente preocupado por ter que reestruturar a liña defensiva, e fiouse o seu plantel defendendo que situacións como esta "al final son oportunidades para otros futbolistas que van a tener que dar un paso al frente demostrando que se puede contar con ellos". Entre esos nomes aparecen Campillo ou Pedro Vázquez, baixas o domingo por un proceso vírico pero que xa atopan en perfectas condicións.
O que si quedou nun susto é a petición de atención médica por parte de Edu Sousa nos primeiros minutos de xogo do choque ante a Cultural, xa que o porteiro "está al 100%", confirmou o seu adestrador. Pola súa banda Pibe completou este mércores o seu primeiro adestramento completo co grupo e encara a fase final da súa recuperación, polo que se espera que a próxima semana poida recibir o alta.