As batallas de porteiros volven a Marcón

Pontevedra
11 de abril 2019

O campo de fútbol do Carrasco acollerá o vindeiro xoves 18 de abril a II Batalla de Porteiros organizado por Arch Keeper coa colaboración do Marcón Atlético

Batalla de porteiros organizada por Arch Keeper en Marcón
Batalla de porteiros organizada por Arch Keeper en Marcón /

O campo de fútbol do Carrasco acollerá o vindeiro xoves 18 de abril a II Batalla de Porteiros organizado por Arch Keeper coa colaboración do Marcón Atlético.

O evento contará na súa segunda edición coa participación de ata 45 gardametas de diferentes categorías, desde a benxamín ata a sénior.

Todos eles bateranse en duelo, por categorías, nunha xornada que pretende poñer en valor a figura dun posto tan específico dentro do fútbol.

Ademais dun premio por categoría, que consiste nun par de luvas da marca organizadora, está prevista a realización de sorteos de camisetas asinadas por porteiros profesionais como Sergio Asenjo, futbolistas do Vilarreal.

A competición dará comezo ás 9:00 horas da mañá.