As bicicletas de montaña desembarcan na ría de Pontevedra

Pontevedra
14 de setembro 2019

O Costa Atlántica MTB Tour dispútase os días 27, 28 e 29 de setembro nos montes de Bueu, Pontevedra e Sanxenxo con máis de 250 corredores rexistrados

Presentación Costa Atlántica MTB Tour en A Caeira
Presentación Costa Atlántica MTB Tour en A Caeira / Xunta de Galicia

A Costa Atlántica MTB Tour, unha competición de bicicleta de montaña composta de tres probas, presentouse este venres no Parque de Verán do Liceo Casino. Trátase dun evento no que participarán máis de 250 ciclistas para percorrer un total de 200 quilómetros polos montes de Bueu, Sanxenxo e Pontevedra.

“Un percorrido espectacular que mestura vos tesouros galegos máis prezados: a costa e ou monte”, dixo o secretario xeral para o deporte, Xosé Ramón lete Lasa, durante a presentación da proba. O evento está enmarcado dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta e a primeira das tres etapas celebrarase o 27 de setembro cun percorrido de 60 quilómetros polos montes de Bueu. Ao día seguinte, terá lugar a proba, de 90 quilómetros, de Pontevedra; e o 29 pecharase a competición cun trazado de 50 quilómetros por Sanxenxo.

Nesta proba de carácter internacional, os competidores poderán participar en parellas ou en forma individual. Ademais, a proba está aberta a participantes de todas as idades.