As ex-xogadoras do Leis presentan recurso ante o arquivo da denuncia contra o presidente do club

Pontevedra
28 de novembro 2015

O avogado das futbolistas, Javier Picallo, explicou en rolda de prensa que apelaron ante a Audiencia Provincial. "Es absolutamente cierto lo que denuncian, otra cosa es que el juez diga que es delito o no", defendeu o letrado en relación á denuncia por un suposto delito danos contra a integridade moral

Rolda de prensa convocada por Javier Picallo, abogado das ex-xogadoras do Leis
Rolda de prensa convocada por Javier Picallo, abogado das ex-xogadoras do Leis / PontevedraViva

O proceso xudicial aberto contra o presidente do Leis 26 Pontevedra, José Antonio Nieto, por un presunto delito contra a integridade moral, segue o seu curso tras anunciar o avogado das tres ex-xogadoras denunciantes que interpuxeron un recurso ao último auto xudicial.

Hai unha semana o Xulgado de Instrución 2 emitiu un auto asinado polo seu titular, Xermán Varela, que arquivaba por segunda vez, de maneira provisional, a causa ao entender que non existe reproche penal, a pesar de reiterar o impropio da conduta do presidente da entidade deportiva.

Javier Picallo, avogado das futbolistas, explicou en rolda de prensa que decidiron chegar ata o final presentado este xoves o citado recurso de apelación, argumentado en 30 páxinas, na Audiencia Provincial.

Fano porque "el auto no duda ni un ápice de lo declarado por las denunciantes y vuelve a insistir en el comportamiento intolerable y machista", asegura Picallo.

"Es absolutamente cierto lo que denuncian, otra cosa es que el juez diga que es delito o no", seguiu engadindo á vez que criticaba as declaracións de Nieto nas que confirmaba que estuda emprender accións legais contra as futbolistas.

Javier Picallo explicou ademais que non descartan, no caso de que a Audiencia peche o caso, mantelo aberto acudindo á vía civil.