As probas a Samu Araújo confirman unha sobrecarga muscular

Pontevedra
14 de setembro 2021

O parte médico do lateral descarta unha lesión de consideración, polo que a súa evolución nos próximos días determinará se pode recuperarse a tempo para o duelo da fin de semana contra o Leganés B

Samu Araújo no partido de liga de 2ª RFEF entre Pontevedra e Compostela en Pasarón
Samu Araújo no partido de liga de 2ª RFEF entre Pontevedra e Compostela en Pasarón / Mónica Patxot

Boas novas para o Pontevedra Club de Fútbol tras as probas médicas ás que someteu Samu Araújo tras retirarse con molestias durante o partido do pasado domingo en Móstoles.

O lateral zurdo foi cambiado por problemas físicos nun abdutor, apuntando a primeira exploración cara a unha posible sobrecarga muscular.

Ese diagnóstico foi confirmado agora polos servizos médicos do club, asegurando que "se descartan alteracións musculares estruturais definitivas e presenza de hematomas".

Desta forma aínda que Samu "seguirá tratamento médico e rehabilitador", desde o Pontevedra esperan "unha boa evolución nos próximos días".

Desa evolución dependerá por tanto a súa presenza no próximo encontro ligueiro, o vindeiro domingo (17.00 horas) en Pasarón fronte ao Leganés B, unha cita para o que non está descartado.