As probas combinadas son territorio da Gimnástica

Pontevedra
17 de xaneiro 2017

O club pontevedrés foi o gran vencedor do Campionato Galego de Probas Combinadas de atletismo celebrado en Lugo, situando ao seu equipo masculino no alto do podio e ao feminino na segunda posición da xeral

Atletas da Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas
Atletas da Gimnástica no Campionato Galego de Probas Combinadas / Sociedad Gimnástica

Gran resultado o conseguido polos atletas da Sociedad Gimnástica no Campionato Galego de Combinadas por Equipos, celebrado en Lugo.

Por terceiro ano consecutivo o equipo masculino do club pontevedrés levou o título, mentres o equipo feminino concluíu na segunda posición da clasificación xeral.

A nivel individual os resultados tamén foron notables, con Santi Ferrer como o mellor atleta absoluto con 4.865 puntos, seguido por Álex Solla (4.106 puntos). Ademais no heptatlón xuvenil Pablo Torjal foi primeiro (3.274 puntos), mentres no hexatlón o debutante Raúl Cortizo foi segundo (3.235 puntos).

En canto ao equipo feminino a mellor puntuación en categoría absoluta logrouna Lucía Seijas (2.684), seguida por Paula Martín (2.538) e Andrea González (2.489).

A xornada atlética celebrada en Lugo concluíu cun control de marcas no que tamén participaron deportistas da Gimnástica.