As promesas da natación pásano en grande en Pontemuiños

Pontevedra
11 de abril 2016

O CN Portamiñá proclamouse vencedor do XI Trofeo Promesas do Lérez de natación celebrado na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur

XI Trofeo Promesas do Lérez de natación
XI Trofeo Promesas do Lérez de natación / Diego Torrado

O CN Portamiñá, con 429 puntos, proclamouse vencedor do XI Trofeo Promesas do Lérez de natación, celebrado na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños.

Preto de 400 deportistas, en idade prebanxamín, benxamín e alevín, participaron na competición, convertida nunha festa da natación de base.

Na clasifición final a entidade anfitrioa, o Club Natación Galaico, terminou en segundo lugar con 387 puntos, mentres o CN Liceo foi terceiro con 331 puntos. 

En total tomaron parte no Trofeo Promesas do Lérez 15 clubs, 14 deles galegos e un procedente de Portugal.