As promesas do ciclismo galego, reunidas no II Mini BTT de Salcedo

Pontevedra
30 de xullo 2017

Trescentos nenos e nenas, pertencentes a unha ducia de equipos de toda Galicia, participaron este domingo na segunda edición da Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo. A proba, organizada polo Club Ciclista Farto, disputouse nas inmediacións do antigo campo de tiro da Brilat

Segunda edición do Mini BTT de Salcedo
Segunda edición do Mini BTT de Salcedo / Diego Torrado

Trescentos nenos e nenas, pertencentes a unha ducia de equipos de toda Galicia, participaron este domingo na segunda edición da Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo.

A proba, organizada polo Club Ciclista Farto, disputouse nas inmediacións do antigo campo de tiro da Brilat.

Os mozos ciclistas, todos eles de entre cinco e doce anos de idade, mostraron a súa destreza coa bicicleta por un circuíto trazado no monte e deleitaron ao numeroso público que se achegou a velos competir.

Os resultados do segundo Mini BTT de Salcedo pódense consultar nesta ligazón.