As subidas da Escusa e Ponte Caldelas pasan a formar parte do Campionato de España de Montaña

Ponte Caldelas
29 de xaneiro 2021

As dúas probas automobilísticas, organizadas pola Escuadra Buxa Motor Poio, foron incluídas no calendario nacional de carreiras de montaña e serán puntuables en 2021 para a Copa de España de Escuderías

Subida a Ponte Caldelas
Subida a Ponte Caldelas / Diego Torrado

Lonxe que quedar lamentando a súa cancelación en 2020, debido á evolución da pandemia, a Subida da Escusa e a Subida de Ponte Caldelas reforzan a súa aposta para 2021.

Ambas as dúas citas automobilísticas pasan a formar parte esta tempada do calendario nacional, dentro do Campionato de España de Montaña, segundo se reflicte no calendario aprobado pola Real Federación Española de Automobilismo.

Serán ademais puntuables para a Copa de España de Escuderías, o que se espera supoña un incremento no nivel de participación con pilotos e vehículos chegados desde diversos puntos do territorio nacional.

A de 2021 será a 21ª edición da Subida da Escusa, xunto á de Pontevedra-Almofrei a máis antiga do calendario galego no que tamén se mantén, estando prevista a súa celebración os días 18 e 19 de setembro.

Pola súa banda a Subida a Ponte Caldelas vivirá a súa quinta edición xa consolidada como cita imprescindible para os amantes do motor. No seu caso contará só para o campionato nacional ao coincidir os días 7 e 8 de agosto coa Subida da Estrada do calendario galego.

As dúas probas están organizadas pola Escudería Buxa Motor Poio.