O estado do terreo de xogo do Estadio Municipal de Pasarón preocupa e moito no Pontevedra Club de Fútbol.
Se o céspede presentaba xa unha mala imaxe antes do encontro de liga ante o Fuenlabrada, tras ser sometido a un tratamento por parte dos operarios do club, tras o encontro a situación empeorou, a pesar de que afortunadamente a choiva non fixo acto de presenza.
As imaxes falan por si soas, coa superficie gravemente danada e irregular, e o mércores toca encontro de ida dos cuartos de final de Copa Federación.
No club pontevedrés vendo o pésimo estado actual do verde debido á incidencia das inclemencias meteorolóxicas e o efecto dos últimos partidos, solicitaron á Federación Española e ao seu rival en Copa o cambio de localización do encontro deste mércores 7 de febreiro, propoñendo como alternativa o campo de Mosteiro.
Con todo o Pontevedra atopouse a negativa do Escobedo cántabro, e ante a falta de acordo o choque mantense no Estadio Municipal de Pasarón.
O partido dará comezo a partir das 20:00 horas.