Así é 'O Condús', o peculiar estadio do Dorneda

Pontevedra
07 de maio 2014

Nestas instalacións, de 95x48 metros, xogarase o vindeiro domingo (18:00 horas) o Pontevedra Club de Fútbol o seu acceso ao play-off de ascenso á Segunda División B

Distancia entre a área e a liña de banda no Condús
Distancia entre a área e a liña de banda no Condús

Nestas instalacións do estadio Eugenio Pardo Conchado de Oleiros, coñecido popularmente como O Condús, xogarase o Pontevedra Club de Fútbol o vindeiro domingo (18:00 horas) a súa clasificación para a fase de ascenso á Segunda División B. 

As dimensións do campo do Dorneda, de 95x48 metros, fano especial ao situarse no límite do reglamentario e poñer aos equipos que alí xogan a proba nunhas condicións pouco habituais nunha categoría nacional.

Nas dúas ocasións que os granates xogaron no Condús só lograron sumar un punto, logo de caer fai dúas tempadas pola mínima (1-0) e empatar sen goles o pasado curso.