A pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu este venres a quinta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra.
Foi unha xornada deportiva de alto nivel, con grandes marcas nalgúns dos atletas máis destacados.
Foi o caso de Jean Marie Okutu en lonxitude ou a barbancesa Lida Parada en xavelina, aínda que ambos quedaron lonxe da marca mínima que perseguen para clasificarse para o Mundial de Londres.
Okutu logrou un salto de 7,72 metros no seu segundo intento, e aínda que arriscou nas súas seguintes oportunidades, non logrou mellorar e quedou lonxe dos 8,15 metros de mínima mundialista.
Lida Parada pola súa banda mellorou a súa mellor marca nacional do ano con 57,75 metros na xavelina, pero tampouco foi sufuciente.