Atletismo de nivel na pista do CGTD

Pontevedra
08 de xullo 2017

A instalación pontevedresa foi escenario este venres da quinta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista. A pesar das súas boas marcas, Jean Marie Okuu e Lida Parada quedaron lonxe das mínimas mundialistas que perseguían

Jean Marie Okutu, na quinta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista no CGTD Mónica Patxot

A pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu este venres a quinta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra.

Foi unha xornada deportiva de alto nivel, con grandes marcas nalgúns dos atletas máis destacados.

Foi o caso de Jean Marie Okutu en lonxitude ou a barbancesa Lida Parada en xavelina, aínda que ambos quedaron lonxe da marca mínima que perseguen para clasificarse para o Mundial de Londres.

Okutu logrou un salto de 7,72 metros no seu segundo intento, e aínda que arriscou nas súas seguintes oportunidades, non logrou mellorar e quedou lonxe dos 8,15 metros de mínima mundialista.

Lida Parada pola súa banda mellorou a súa mellor marca nacional do ano con 57,75 metros na xavelina, pero tampouco foi sufuciente.

Consulta aquí os resultados completos da quinta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra.