Avalancha de mensaxes de apoio a Gómez Noya tras o seu adeus aos Xogos de Río

Pontevedra
14 de xullo 2016

Compañeiros triatletas, deportistas olímpicos ou políticos expresaron o seu apoio ao pentacampión mundial tras coñecer a noticia da súa lesión, que lle impedirá participar nos Xogos truncando a súa esperanza de lograr o ouro olímpico

Javi Gómez Noya e os irmáns Brownlee, nunha proba das Series Mundiais
Javi Gómez Noya e os irmáns Brownlee, nunha proba das Series Mundiais

Nada máis coñecer a noticia da lesión de Javier Gómez Noya, que lle deixa sen opción de loitar polo ouro olímpico en Río de Janeiro, o deporte empezou a mostrar un apoio sen fisuras ao pentacampión do mundo.

A través de diversos medios, principalmente valéndose das redes sociais, multiplicáronse as mostras de apoio ao galego.

Compañeiros e rivais como o talaverano Fernando Alarza e o británico Jonathan Brownlee ou institucións deportivas como o Consello Superior de Deportes ou a Federación Española de Tríatlon non tardaron en mostrar o seu pesar pola noticia.

Tamén outros deportistas olímpicos como Támara Echegoyen e Carolina Marín ou mesmo o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

A nivel local outro personaxe do ámbito político en mostrar o seu pesar foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalando nunha comparecencia pública que "é unha mala noticia para el pero tamén para o deporte de Pontevedra" que ademais lle chega "nunha idade complicada para chegar á seguinte olimpíada".