Azael García incorpórase aos adestramentos do Pontevedra

Pontevedra
15 de xaneiro 2024

O futbolista granate exercitouse este luns, por primeira vez, cos seus novos compañeiros. Será presentado este martes 16 de xaneiro no Estadio Municipal de Pasarón

Azael García, no seu primeiro adestramento co Pontevedra
Azael García, no seu primeiro adestramento co Pontevedra / Pontevedra Club de Fútbol SAD

Cara nova na volta ao traballo, este luns, do Pontevedra Club de Fútbol tras o seu traballado triunfo da fin de semana no campo da Gimnástica de Torrelavega.

O primeiro adestramento semanal do equipo supuxo tamén a estrea como granate de Azael García, primeira fichaxe de inverno confirmado pola entidade.

O xoven centrocampista lugués (19 anos), que procede do Valencia Mestalla, puido coñecer xa os seus novos compañeiros e ao corpo técnico, poñéndose ao dispor de Yago Iglesias.

Tras a primeira toma de contacto este martes 16 de xaneiro, xornada de descanso para o resto do equipo, será quenda para a súa presentación oficial no Estadio Municipal de Pasarón.

Coa incorporción de Azael, futbolista en idade sub-23 e que asinou ata final de campaña, Yago suma unha peza máis no equipo.

O técnico iniciou a semana pendente doutra banda do estado do seu capitán, Álex González, tras solicitar o cambio en Torrelavega por problemas físicos, pero recuperará para a próxima xornada dous homes importantes como Churre e Chiqui, tras cumprir ambos un encontro de sanción.