Barro e Vilagarcía súmanse á lista de localidades con pantalla xigante para seguir a final do Mundial

Barro
18 de agosto 2023
Actualizado: 15:29

O Concello de Barro confirmou a instalación dunha pantalla xigante na contorna do pavillón municipal para seguir o vindeiro domingo 20 de agosto (12.00 horas) o partido entre España e Inglaterra no que unha pontevedresa como Tere Abelleira loitará por converterse en campioa do Mundo, mentres que Vilagarcía apostará pola Praza da Peixería

Tere Abelleira celebra o pase de España á final do Mundial
Tere Abelleira celebra o pase de España á final do Mundial / RFEF

CInco son xa as localidades da comarca que confirmaron a instalación dunha pantalla xigante para seguir o vindeiro domingo 20 de agosto (12.00 horas) a final do Campionato do Mundo de Fútbol entre España e Inglaterra, na que unha pontevedresa como Tere Abelleira aspira a converterse en campioa mundial.

Barro sumouse este venres, tras confirmar este venres o Concello que, coa colaboración da asociación de comerciantes Asembarro, colocará unha pantalla para seguir a gran final na contorna do pavillón municipal.

En caso de choiva, sinalan, o dispositivo instalarase no interior do pavillón. 

"Tanto desde o Concello como desde Asembarro pensamos que se trata dun evento deportivo que ten máis significado que un simple partido de fútbol, xa que pon en valor o deporte en igualdade, por iso animamos á veciñanza a que se some á nosa iniciativa", sinala o tenente de alcalde José Sanmartín.

Pola súa banda o Concello de Vilagarcía de Arousa confirmou a instalación dunha nova pantalla, no seu caso na Praza dá Peixería.

Ademais de en Barro está confimada a instalación de pantallas para ver a final do Mundial na Praza da Ferrería en Pontevedra, na Praza da Chousa de Combarro e na Praza Fonte de Ramos de Sanxenxo.