Bea Gómez, eliminada nos 400 estilos, despídese do Mundial de Kazan

Pontevedra
09 de agosto 2015

A nadadora pontevedresa foi vixésima nos 400 estilos cun tempo de 4:44.51. Tería que ter nadado en 4:38 para meterse na final

Bea Gómez no 400 estilos do Nacional Open de Pontevedra
Bea Gómez no 400 estilos do Nacional Open de Pontevedra / Diego Torrado

Segundo día de competición para Bea Gómez Cortés no Mundial de Natación de Kazan (Rusia).

A deportista pontevedresa participou este domingo na proba dos 400 estilos, quedando eliminada na series clasificatorias.

Goméz Cortés marcou un tempo de 4:44.51, o vixésimo mellor entre as participantes, lonxe do 4:38 no que debería ter nadado para meterse na final.

Con esta proba Bea Gómez pon fin á súa participación no Campeonapo del Mundo, no que tamén competiu nos 800 libres.