As bicicletas da Costa Atlántica MTB Tour toman o centro histórico

Pontevedra
05 de abril 2025

Unha contrarreloxo polo centro histórico de Pontevedra abriu este venres a quinta edición da Costa Atlántica MTB Tour de ciclismo

Primeira xornada da Costa Atlántica MTB Tour 2025
Primeira xornada da Costa Atlántica MTB Tour 2025 / Mónica Patxot

Leva xa realizándose uns anos, pero non por iso deixa de ser menos espectacular.

Unha contrarreloxo polo centro histórico de Pontevedra deu o pistoletazo de saída á quinta edición da Costa Atlántica MTB Tour.

Os preto de 350 ciclistas inscritos percorreron por quendas os case 3 quilómetros do circuíto deseñado pola zona vella da cidade, a modo de aperitivo do que está por chegar.

E é que era só a primeira xornada dunha carreira ciclista de montaña por etapas como hai poucas en España.

Por diante, durante sábado e domingo, aparecen no libro de ruta dúas auténticas xornadas de puro BTT.

En ambos os dous casos, con saída e chegada na céntrica Praza da Ferrería de Pontevedra.

Este sábado os ciclistas debían completar preto de 80 quilómetros bautizada como "Castrove praia e pedra", mentres que o domingo espera un percorrido de 65 quilómetros nun "Labirinto de carreiros por O Morrazo".

Toda unha cita xa imprescindible para os amantes do ciclismo de montaña e que xa está plenamente no calendario de eventos da Boa Vila.