Bo papel do Club Natación Galaico no Nacional infantil de inverno

Pontevedra
03 de marzo 2016

Nove nadadores, seis mozas e tres mozos, desprazou a pasada fin de semana o CN Galaico a Terrassa (Barcelona) para disputar o Campionato de España Infantil Junior de Inverno. O club pontevedrés achegou a participación máis nutrida da expedición galega, ademais de ser o único equipo galego en lograr postos de honra

Nadadoras do CN Galaico no Nacional infantil de inverno
Nadadoras do CN Galaico no Nacional infantil de inverno

Nove nadadores, seis mozas e tres mozos, desprazou a pasada fin de semana o CN Galaico a Terrassa (Barcelona) para disputar o Campionato de España Infantil Junior de Inverno.

O club pontevedrés achegou a participación máis nutrida da expedición galega, ademais de ser o único equipo galego en lograr postos de honra.
 
Na clasificación por clubs, o Galaico foi sétimo na clasificación feminina.

Águeda Cons foi prata en 800 metros libres e bronce en 400 metros libres, mentres que o equipo de 4x200 libres feminino junior, formado por Águeda Cons, Inés Gómez, Lara Gómez e Nuria Erselle, logrou a medalla de bronce. 

Daniel Sánchez, Juan David Hernández, Cibrán Leal, Lara Gómez e Carla Goyanes disputaron postos de final rebaixando as súas mellores marcas.
 
Pola súa banda, Henar Cons e Inés Gómez non conseguiron meterse en final a pesar de facer un bo papel.