Destacada actuación dos representantes do Mat's de Marín no Europeo sub 21 de Bucarest.
Sergio Troitiño (-87) perdeu nos cuartos de final e quedou a un paso das medallas, mentres que Silvia Otero (-49) cau en dous asaltos no primeiro combate.
Nos oitavos de final, Troitiño superou con comodidade ao chipriota Christou Nikolaos, en dous asaltos e por diferenzas de 12.
Sen embargo, nos cuartos enfrentouse ao ucraíno Artem Harbar, ofrecendo un combate moi disputado. O primeiro asalto estivo igualado ata os últimos segundos, nos que Nikolaos logrou escaparse e no segundo round, a falta de dez segundos, ía por diante Sergio (5-4). Harbar logrou remontar cunha acción arriba e non houbo tempo para recuperarse. O ucraíno foi subcampión de Europa sub 21.
Neste mesmo peso tamén competiu Silvia Otero, pero non tivo sorte. Caeu no primeiro combate ante Elif Sude Akgul (Turquía) en dous asaltos.