Punto final á pretempada do Club Baloncesto Arxil, que xa mira cara ao inicio de curso na Liga Feminina 2 coa visita do Miralvalle ao CGTD de Pontevedra (sábado 7, 19.30 horas).
O club pontevedrés pechou a súa preparación con bo sabor de boca nun encontro amigable fronte ao Maristas da Coruña celebrado no pabellón do Pombal, en Cambados, no Memorial Araceli Oubiña.
O Arxil recuperaba para a cita a Nena Trajchevska e Margarita Moreira, ausentes nas úlrimas citas por problemas físicos.
Con dúas pezas máis na rotación, o equuipo adestrado por Mayte Méndez impuxo un ritmo maior ao mostrado contra o mesmo rival en Copa Galicia (derrota por 69 a 76), dominando os dous primeiros parciais, primeiro con 22-15 e despois cun 26-8 que levou o marcador a un claro (48-23).
As forzas igualáronse tras o descanso, estabilizándose a diferenza ata o 82-51 final.