Bos resultados dos nadadores do Galaico na segunda xornada da liga galega de natación

Pontevedra
03 de decembro 2014

Un total de 60 nadadores do Club Natación Galaico trasladáronse este domingo á localidade de Ponteareas para participar na segunda xornada da liga galega de natación. Tratábase de deportistas das categorías benxamín e alevín

Unha das probas da segunda xornada da liga galega de natación
Unha das probas da segunda xornada da liga galega de natación

Un total de 60 nadadores do Club Natación Galaico trasladáronse este domingo á localidade de Ponteareas para participar na segunda xornada da liga galega de natación. Tratábase de deportistas das categorías benxamín e alevín.

Nesta xornada nadaron, xunto co Ponteareas -organizador da proba-, o Club Natación Galaico, o Club Natación Vilagarcía, o Club Natación Salnés e o Club Natación Sanxenxo.

Na categoría benxamín nadáronse 50 braza, 100 braza e 50 libres, ademais dos relevos 4 x 50 libres e 4 x 50 costas; mentres que entre os alevíns celebraron as probas de 100 costas, 200 braza e 100 libres, ademais dos relevos 4 x 100 bolboreta.

Os nadadores do Galaico da categoría alevín conseguiron nesta xornada mínimas para poder participar no campionato galego de natación de verán.

Ao finalizar a competición, tivo lugar tamén unha toma de tempos na que se deron cita un total de 70 nadadores de diferentes clubs da provincia, como o Club Natación Redondela, Club Natación Rías Baixas, o Náutico de Vigo, o Club Natación Ponteareas e o Club Natación Galaico.

A intención de todos eles era lograr obter as diferentes marcas mínimas para a asistencia ao Campionato Galego Absoluto de Inverno.