O mercado de fichaxes está que arde esta fin de semana e son numerosos os equipos os que están a anunciar desde primeira hora as chegadas e saídas de moitos xogadores.
Sabíase desde hai poucas horas, cando o Pontevedra anunciou a marcha de doce xogadores do primeiro equipo, que Brais Abelenda non continuaría vestindo a elástica granate, pero foi este sábado cando se coñeceu de forma oficial onde xogará a próxima tempada.
Foi a Ponferradina, a través das súas redes sociais, a que confirmou a chegada do mediapunta, unha das pezas máis importantes do conxunto lerezano a pasada campaña anotando 10 goles en 35 partidos.
OFICIAL - Brais Abelenda nuevo jugador de la SD Ponferradina .
— SD Ponferradina SAD (@SDP_1922) July 1, 2023
https://t.co/FIcAL7qc3X#Adelanteyarriba pic.twitter.com/CUNhlEojZZ