Bronce para Irene Trabazo nos campionatos de España de ciclocrós

Marín
12 de xaneiro 2015

A ciclista marinense finalizou terceira na competición júnior, lonxe da medalla de ouro acusando o cansazo nun circuíto en difíciles condicións

Irene Trabazo no terceiro lugar do podio no Nacional de ciclocrós en Gijón
Irene Trabazo no terceiro lugar do podio no Nacional de ciclocrós en Gijón / Federación Española de Ciclismo

A brillante campioa da Copa de España de Ciclocrós, Irene Trabazo, non puido lograr o obxectivo de facer dobre no Campionato de España que se celebrou a pasada fin de semana en Gijón.

A ciclista marinense colgouse o bronce na proba júnior, a 4:35 da dominadora da xornada, a madrileña Rocío del Alba García.

Trabazo acusou o cansazo e a dureza dun circuíto complicado, con moito barro, e estivo lonxe do nivel mostrado ao inicio de tempada.

Segunda foi a tamén galega Desirée Duarte, a 3:20 da gañadora. Duarte participou ademais na proba de relevos na que Galicia finalizou terceira tras Asturias e Euskadi.

Pola súa banda Guillermo García, compañeiro de Irene Trabazo nas filas de Club Ciclista Marín, foi oitavo na proba cadete e a ciclista de Vilaboa Lucía Vázquez novena el categoría elite.