Bronce para Marina Artemia Pérez na súa estrea nun Campionato de España en Pista Cuberta

Pontevedra
28 de marzo 2022

A xove atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra conseguiu unha brillante medalla de bronce no concurso de triplo salto do Nacional Sub-16 baixo teito celebrado en Sabadell

Marina Artemia Pérez, no podio do Campionato de España Sub-16 en Sabadell
Marina Artemia Pérez, no podio do Campionato de España Sub-16 en Sabadell / Sociedad Gimnástica

A canteira da Sociedad Gimnástica de Pontevedra conseguiu un gran resultado no Campionato de España Sub-16 en Pista Cuberta celebrado durante a fin de semana na localidade catalá de Sabadell.

Ata alí desprazouse o seu atleta Marina Artemia Pérez, con marca mínima nos 60 metros valas e tamén no triplo salto.

Precisamente nesta segunda disciplina a atleta adestrada por Santi Ferrer, na súa primeira participación nun Nacional baixo teito brillou para bater a súa mellor marca persoal e subir ao terceiro chanzo do podio. Unha medalla de bronce que conseguiu grazas a un mellor salto de 11,56 metros, no seu primeiro intento. A gañadora do concurso foi Lucía Robledo (11,80 metros) seguida de María Barrios (11,68 metros).

Ademais a representante da Gimnástica correu os 60 metros valas, aínda que cun marca de 10.09 segundos non logrou meterse nas semifinais.