Bronce para Raquel Miguens no máster de Cantabria de badminton

Pontevedra
16 de outubro 2018

Bo resultado logrou o Club Bádminton Ravachol Pontevedra no máster nacional absoluto de bádminton que se disputou en Solares (Cantabria). A única representante pontevedresa foi Raquel Miguens, que conseguiu o terceiro posto na modalidade de dobres feminino xunto á súa parella habitual, a navarra Nelly Iriberri

Raquel Miguens
Raquel Miguens / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Bo resultado logrou o Club Bádminton Ravachol Pontevedra no máster nacional absoluto de bádminton que se disputou en Solares (Cantabria).

A única representante pontevedresa foi Raquel Miguens, que conseguiu o terceiro posto na modalidade de dobres feminino xunto á súa parella habitual, a navarra Nelly Iriberri.

Miguens disputou ademais os dobres mixtos, esta vez formando parella co albaceteño Miguel Serrano. A dupla galego-manchega non puido superar unha complicada fase de grupos. 

O club destaca tamén os terceiros postos de Ana Carbón e Miguel Sanluis, xogadores do equipo de Primeira Nacional.

Todos eles estiveron acompañados do técnico Jesús Pereiro.