Cacharrón e Martín Diz, os heroes inesperados no Pontevedra que aproveitaron a súa oportunidade

Pontevedra
31 de outubro 2022

O importante triunfo granate deste domingo en Pasarón tivo dous nomes propios en xogadores que apenas participaran esta tempada, como o gardameta Pablo Cacharrón e o canteirán Martín Diz, autor dunha asistencia e dun gol. "Déronme a oportunidade, aproveiteina e moi contento por poder axudar o equipo", asegurou tras o partido o de Vilagarcía

Martín Diz, no remate que supuxo o segundo gol do Pontevedra contra o San Fernando en Pasarón
Martín Diz, no remate que supuxo o segundo gol do Pontevedra contra o San Fernando en Pasarón / Cristina Saiz

O importante triunfo granate deste domingo en Pasarón tivo dous nomes propios en xogadores que apenas participaran esta tempada, como o gardameta Pablo Cacharrón e o canteirán Martín Diz, que case non gozaran de minutos ata a data.

De feito, empezando polo gardameta, a súa lesión de menisco que lle obrigou a pasar polo quirófano a pouco de empezar a liga impedíralle estrearse en competición oficial, sendo a súa presenza no once en lugar de Álvaro Cortés una das principais novidades no once.

"Non mo esperaba, díxomo o míster xusto antes do partido", recoñece o porteiro lugués, un dos grandes protagonistas o pasado curso do ascenso. A pesar da sorpresa tomouse a ocasión "con tranquilidade" sabendo que estaba "totalmente ao 100% recuperado da lesión e preparado para xogar".

Aínda que as súas paradas resultaron clave no encontro, Cacharrón non se esquece do seu compañeiro Álvaro Cortés, que defende "estaba a un nivel moi alto, o partido que fai contra o Celta B é boísimo", aínda que espera poder manterse no posto agora que conseguiu entrar no equipo.

Tras o encontro o outro futbolista ao que non se lle borraba o sorriso era Martín Diz, e é que o canteirán na súa primeira titularidade do curso deu a asistencia do primeiro tanto e anotou o segundo. "Déronme a oportunidade, aproveiteina e moi contento por poder axudar o equipo", asegurou tras o partido o de Vilagarcía.

O canteirán só gozara ata o momento de 6 minutos sobre o verde contra o Celta B, que rendibilizou co gol do empate, e de 20 minutos máis en León. Sumando os 57 que permaneceu no campo contra o San Fernando, difícil sacar máis rendemento en tan pouco tempo. A media sáelle a un gol cada 41,5 minutos.

O importante de todas forman, defendeu Diz, era conseguir "unha vitoria que necesitabamos e que mereciamos".