Cambio de pista e hora para un derbi con moito en xogo entre Cisne e Atlético Novás

Pontevedra
08 de febreiro 2019

O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá o vindeiro domingo (12:15 horas) o derbi galego da División de Honra Prata con dous equipos que chegan no medio dunha serie de resultados negativos e en busca dun punto de inflexión

O Cisne no encontro ante o Nava no CGTD
O Cisne no encontro ante o Nava no CGTD / Diego Torrado

O Club Cisne Balonmán cambia de pista de xogo para afrontar o derbi galego da División de Honra Prata ante o Atlético Novás, nun partido con moito máis que dous puntos en xogo.

O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá o duelo de rivalidade provincial o vindeiro domingo 10 de febreiro (12:15 horas) para adaptarse aos intereses da Televisión de Galicia, que ofrecerá o choque en directo pola súa segunda canle.

Os de Jabato chegan ao derbi, do mesmo xeito que o Novás, no medio dunha mala serie de resultados tras catro xornadas sen gañar (tres derrotas), polo que tentarán poñerlle fin cun triunfo que lles reenganche á zona alta da táboa, mentres que os do Rosal queren afastarse dos postos de descenso.

Na mente do plantel cineísta está ademais esquecer a derrota da primeira volta da competición (41-31).

O xogador do Cisne Igor dos Santos causará baixa para o choque tras ser operado esta semana dunha lesión no menisco.