Cambio de trazado para a terceira edición da Subida a Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
04 de xuño 2018

A proba automobilística, valedoira para o Campionato Galego de Montaña, celebrarase nesta ocasión en Rebordelo os días 4 e 5 de agosto

I Subida a Ponte Caldelas
I Subida a Ponte Caldelas /

A Subida Automobilística a Ponte Caldelas cambia de localización para a súa terceira edición, que se celebrará os días 4 e 5 de agosto.

Nesta ocasión a proba, valedoira para o Campionato Galego de Montaña, abandona a estrada de Laxoso e terá lugar en Rebordelo recuperando un tramo que xa formou parte doutras probas como o Rally do Albariño ou o Rías Baixas.

En concreto a saída estará situada na estrada autonómica PO-244 (sentido Soutomaior) para virar pola vía provincial a Rebordelo e, unha vez superado o pobo, volver virar á esquerda por unha pista municipal que vai á Esfarrapada, onde se sitúa a meta. 

En total 4,2  kilómetrosde percorrido no que se combinan curvas pechadas con outras rápidas, ademais da longa recta de Rebordelo onde se instalará unha 'chicane' para reducir a velocidade e potenciar o espectáculo. 

Esta decisión tómase polas obras de mellora previstas en Laxoso, polo que o cambio non é definitivo e será unha decisión para tomar máis adiante, segundo  cofirmó o Concello de Ponte Caldelas como impulsor da subida xunto á Escudería Buxa Motor.