Camiño dun dos maiores desprazamentos de afeccionados granates dos últimos anos

Pontevedra
11 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Pontevedra Club de Fútbol confirmou que primeira hora deste xoves despachara nas súas oficinas 258 entradas para o encontro do próximo domingo 14 de abril no Estadio Vero Boquete de Santiago de Compostela, cifra á que se suman os afeccionados pontevedreses que adquiriron a súa localidade directamente na plataforma virtual habilitada polo club santiagués

A afección do Pontevedra viste de granate a cidade da Coruña
A afección do Pontevedra viste de granate a cidade da Coruña / Mosrey Fotografía

A 'Marea Granate' segue a engordar camiño ao partido do próximo domingo 14 de abril no Estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago de Compostela.

O desprazamento de seguidores do Pontevedra Club de Fútbol vai camiño de converterse nun dos máis importante das últimas tempadas, aínda que a cifra final será difícil de medir ata o propio día do partido ante a Sociedade Deportiva Compostela.

Por unha banda o club granate confirmou que á primeira hora do xoves despachara xa 258 entradas nas súas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón, estando a só dúas prazas de completar o segundo autocar.

A esta cantidade se seguidores xa confirmados únense os que adquiriron os billetes directamente na plataforma virtual habilitada polo Compostela, e que teñen a intención de desprazarse ata a capital galega en transporte público ou polos seus propios medios.

As entradas para o encontro fronte ao Compostela teñen un custo de 15 euros para o público adulto no sector reservado para afeccionados granates, mentres que os menores  de entre 3 e 16 anos deberán pagar 5 euros.