As instalacións do hipódromo de Campañó, onde hai apenas un mes celebrábase o Trofeo Cidade de Pontevedra, será o escenario do campionato galego de ciclocrós que se disputará este domingo 30 de decembro.
A competición, que se desenvolverá a partir das 09.30 da mañá, acollerá unha proba de promoción e a disputa dun total de 16 títulos autonómicos que abarcan desde as categorías de cadete ata os master 60.
O responsable do circuíto, Pablo Beis, explica que aínda que non hai moitas opcións para modificar o trazado existente "tentamos aplicar varias novidades con respecto á proba anterior" e, a este respecto, algunha curva cambiará de sentido para sorprender os participantes.
A cita pontevedresa tamén será determinante para realizar a composición do equipo que representará a Galicia nos nacionais que terán lugar en Pontevedra do 11 ao 13 de xaneiro.