O sábado 20 de setembro Campañó acollerá a sétima edición da súa carreira pedestre coa intención de chegar á cifra de "600 ou 700 atletas" participantes.
Así o confirmou Elías Domínguez na presentación da proba, celebrada no Hotel Campaniola, explicando ademais os detalles técnicos dunha cita que será tamén a penúltima do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra 2014 (CCCP).
En Campañó os deportistas completarán 9.650 metros nun circuíto que se mantén con respecto a anteriores edicións e que se caracteriza polas súas constantes ramplas.
A inscrición xa está aberta a través da web www.championchipnorte.com nun prazo que finaliza o día 17 de setembro, salvo para as categorías inferiores (ata xuvenís) que poderán anotarse o mesmo día da carreira no Hotel Campaniola.
O custo da inscrición é de 5 euros (máis 1 de aluguer do chip en caso de ter un), pero os veciños de Campañó e as persoas que se encontren en situación de desemprego non terán que pagar.
Despois da VII Carreira Pedestre de Camapañó o Medio Maratón Cidade de Pontevedra pechará a presente edición do CCCP.