Campañó repite como sede da Copa Galicia de Ciclocrós

Pontevedra
05 de decembro 2017

O hipódromo de Campañó será por segundo ano consecutivo escenario do Trofeo Ciclocrós Concello de Pontevedra que organiza o Club Deportivo Pinarium e que terá lugar o vindeiro venres 8 de decembro

Presentación do II Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocrós
Presentación do II Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocrós / Mónica Patxot

O hipódromo de Campañó será por segundo ano consecutivo escenario do Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocrós, décima cita puntuable da Copa Galicia da especialidade.

Será o vindeiro venres 8 de decembro cando se reúnan na instalación pontevedresa máis de 250 ciclistas nunha proba organizada de novo polo Club Deportivo  Pinarium.

"Melloramos algúns aspectos técnicos e poremos unha zona de obstáculos para obligar á xente a desmontar da bicicleta", sinalou en relación á proba Pablo  Beis, respresentante do club organizador.

Será pois un "circuíto bonito para o espectador" aínda que "para o ciclista bastante duro", completou na presentación do trofeo o seleccionador autonómico, Guillermo Sande, xunto á concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.

A actividade en Campañó arrincará ás 9:30 horas da mañá cunha carreira de promoción, para continuar ás 10:00 con categorías de veteranos e cadetes, ás 11:00 con próbalas elite, sub-23 e junior feminina e ás 12:00 coa elite, sub-23 e junior masculina.