A carreira deportiva do xogador pontevedrés Carlos Álvarez non ten teito.
O extremo dereito, que ven de ser chamado para entrar na prelista dos 'Hispanos' para o Mundial de balonmán, porá rumbo a Portugal unha vez conclúa a tempada, segundo adiantou Radio Léon.
Carlos Álvarez é o máximo anotador do Ademar León e da liga Plenitude ASOBAL con 78 tantos até o momento e estivo no punto de mira de varios grandes clubs europeos, como foi o caso do Veszprém KSE, equipo no que militan o cangués Rodrigo Corrales e o almeriense Agustín Casado.
Con todo, finalmente foi o Sporting de Portugal o que decidiu pagar a cláusula de 60.000 euros do pontevedrés, que finalizará a campaña en León para despois irse ao conxunto luso.
O equipo portugués este ano marcha líder da clasificación ligueira empatado a puntos co Porto. Ambos os equipo gañaron 15 partidos e perdido un.
Ademais, o Sporting está a disputar a Champions e atópase na terceira posición do Grupo A, só por detrás do Veszprem, que é primeiro, e do PSG, segundo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.