Carlos García e Samu Gómez, dúbida ata última hora no Teucro ante a visita do Xixón

Pontevedra
10 de marzo 2017

O Teucro recibe este sábado (20:30 horas) ao Gijón Jovellanos no Pavillón Municipal dos Deportes coa misión de prolongar o seu bo momento e chegar como líder sólido ao parón dunha semana na competición. "El Gijón tiene desde luego más equipo que para tener 5 puntos", avisa Quique Domínguez

Samu Gómez durante un adestramento do Teucro no Municipal
Samu Gómez durante un adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

As 20 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota que acumula o Teucro provocaron que o equipo estea "un poco fatigado mentalmente", recoñece Quique Domínguez, pero "lo sigo viendo bien, ambicioso", sinala o técnico pontevedrés.

Esa fatiga é a que debe vencer o cadro azul este sábado (20:30 horas) antes de afrontar unha semana de descanso coa que quere recargar pilas, ante o parón da competición na División de Honra Prata.

"Antes de un parón hay que ganar siempre", explica Domínguez, que se conxura para chegar ao descanso sen ceder distancia no liderado. Para iso deberán supera ao Gijón Jovellanos no Pavillón Municipal dos Deportes.

O cadro asturiano estaba "pensado para otros objetivos", pero atópase nunha situación moi complicada para manter a categoría. En todo caso "tienen más equipo que para tener 5 puntos", avisa o técnico teucrista, polo que "siempre hay que estar cautos y prevenidos".

Ademais da fatiga mental o aspecto físico tamén se nota a estas alturas da tempada. Boa proba diso son nesta ocasión Carlos García e Samu Gómez, que arrastran molestias e serán dúbida ata última hora. Realizarán unha proba no quecemento do partido para ver se poden finalmente entrar na convocatoria.

Os colexiados do encontro serán Colmenero Guillén e Rollán Martín, da delegación territorial de Castela-León.