As 20 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota que acumula o Teucro provocaron que o equipo estea "un poco fatigado mentalmente", recoñece Quique Domínguez, pero "lo sigo viendo bien, ambicioso", sinala o técnico pontevedrés.
Esa fatiga é a que debe vencer o cadro azul este sábado (20:30 horas) antes de afrontar unha semana de descanso coa que quere recargar pilas, ante o parón da competición na División de Honra Prata.
"Antes de un parón hay que ganar siempre", explica Domínguez, que se conxura para chegar ao descanso sen ceder distancia no liderado. Para iso deberán supera ao Gijón Jovellanos no Pavillón Municipal dos Deportes.
O cadro asturiano estaba "pensado para otros objetivos", pero atópase nunha situación moi complicada para manter a categoría. En todo caso "tienen más equipo que para tener 5 puntos", avisa o técnico teucrista, polo que "siempre hay que estar cautos y prevenidos".
Ademais da fatiga mental o aspecto físico tamén se nota a estas alturas da tempada. Boa proba diso son nesta ocasión Carlos García e Samu Gómez, que arrastran molestias e serán dúbida ata última hora. Realizarán unha proba no quecemento do partido para ver se poden finalmente entrar na convocatoria.
Os colexiados do encontro serán Colmenero Guillén e Rollán Martín, da delegación territorial de Castela-León.