Carmen Gómez arranca a súa tempada cun cuarto posto na Copa de Europa de tríatlon de Quarteira

Pontevedra
23 de marzo 2015

A triatleta pontevedresa loitou ata o final polo podio na categoría júnior, pero quedou finalmente a dez segundos da terceira praza

Carmen Gómez durante unha competición
Carmen Gómez durante unha competición

Bo inicio de tempada para a pontevedresa Carmen Gómez Cortés en Portugal.

Gómez Cortés logrou finalizar cuarta na competición júnior da Copa de Europa de Triatlón de Quarteira, disputada na modalidade de sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 kilómetroa a pé).

Carmen, que afronta o seu primeiro ano en idade júnior, foi das primeiras triatletas en saír da auga e integrouse no grupo de cabeza durante o sector ciclista.

A carreira decidiuse no último sector a pé, no que se impuxo a alemá Lisa Tertsch (01:02:06) seguido polas francesas Jeanne Lehair e Emilie Morier.

A triatleta pontevedresa, que loitou toda a proba por subir ao podio, quedou finalmente a dez segundos da terceira praza cun tempo de 01:02:56.

En Quarteira tamén participaron as galegas Sara Guerrero (26ª), Paula Herrero (43ª) e Irene Serrat (52ª) na competición feminina e Andrés Cendán (10º), Alberto Castiñeira (20º) e Carlos Brión (60º) na masculina.