Co seu primeiro obxectivo, o da permanencia, máis que encamiñado, o Pontevedra Club de Fútbol empeza a falar abertamente de metas máis ambiciosas.
"Non me vou a esconder dese tipo de cousas. Son 15 puntos o que lle metemos agora mesmo ao descenso. Hai que soñar, si logo non o conseguimos, non o conseguimos, pero o reto do Pontevedra é soñar", defendeu este venres Rubén Domínguez a 48 horas de recibir o domingo 8 de febreiro (12.00 horas) o Real Madrid Castilla.
O filial madridista está cinco puntos por detrás dos granates, por iso un triunfo dispararía as súas opcións de pensar no play-off de ascenso.
"Se non me equivoco creo que dos últimos 15 partidos perdemos un e do últimos nove levamos seguidos sen perder", destacou o técnico sobre a traxectoria do seu equipo.
No que respecta ao próximo rival "o Castilla é un equipazo. Vai aspirar claramente ao play-off", sinalou Domínguez
"Ten xogadores de moito nivel e moito futuro como Joan Martínez, Diego Aguado, Yáñez, Pitarch ou César Palácios. Moitos deles verémolos no futuro en Primeira División", destacou analizando á súa vez que xogan "bastante parecido" co seu novo adestrador que como o facían con Álvaro Arbeloa, ascendido ao primeiro equipo madridista.
Será un duelo en todo caso condicionado polo estado do terreo de xogo do Estadio Municipal de Pasarón, excesivamente brando. "É obvio que non está nas mellores condicións", asegura Rubén mantendo o discurso de toda a tempada ao non querer polo como escusa. "Terás que facer outras cousas e adaptarte, non hai máis. O céspede se o vemos como inimigo vai ser un inimigo e se vémolo como unha fortaleza ao dicir que é o que hai pois vai acabar sendo unha fortaleza", afirmou.
O que si ten claro Rubén Domínguez é que "para a imaxe da cidade de Pontevedra ao final ter un estadio tan chulo como o que hai estaría moito mellor acompañado se as institucións puxesen un pouquiño da súa parte e puxesen o campo de xogo á altura do estadio".
Un Estadio Municipal de Pasarón ao que espera "se enganche xente que veña a sumar, xente que veña a apoiar, xente que veña sabendo que en momentos de dificultade nos ten que levantar".
Engade Pontevedra viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.