A iniciativa 'Ponte 1 reto', creada para dar visibilidade á loita contra Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), está lista para afrontar o seu primeiro desafío.
Catro dos sete integrantes do equipo participarán este mes de abril, do 24 ao 30, na Titan Desert, unha carreira ciclista por etapas de dureza extrema que se disputa en Marrocos e pasa por ser unha das máis duras do planeta.
Durante seis etapas Fran Valiñas, Víctor Pampín, Josevi Cimadevila e Pablo Fernández enfrontaranse á cordilleira do Atlas, ao deserto, á navegación e condicións meteorolóxicas extremas.
Por que o fan? Porque "es una forma de marcarse un reto en la vida", explica Pablo, quen recoñece que "es una aventura para toda la vida". En canto á parte solidaria, sinala que para a asociación de loita contra a ELA "es muy importante la visibilidad que se le da a la enfermedad, además del pequeño granito de arena económico con la venta de camisetas y patrocinios".
Non puido acompañalos neste reto uno dos grandes impulsores do mesmo, Manuel Caramés 'Fallolli', por causa dunha lesión. El, do mesmo xeito que Borja Vence e Ramón Mella apoiaron aos seus compañeiros na presentación oficial do seu reto na Titan Desert. Os tres tentarán achegar o seu parte para 'Ponte 1 Reto' noutro ultramaratón, a Madrid-Lisboa que se celebrará no mes de setembro.
Toda a información de como colaborar con esta iniciativa, na páxina de Facebook Ponte1Reto.