Catro récords de Europa e 69 de España no Campionato de España máster celebrado en Ponte Muíños

Pontevedra
06 de marzo 2022

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños, en Pontevedra, acolleu desde o día 3 ata o 6 de marzo un Campionato de España Open de Inverno de Natación Máster no que se bateron catro récords de Europa e 69 España

XXVII Campionato de España Open de Invierno de Natación Máster en Ponte Muíños
XXVII Campionato de España Open de Invierno de Natación Máster en Ponte Muíños /

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños, en Pontevedra, acolleu desde o día 3 ata o 6 de marzo o XXVII Campionato de España Open de Inverno de Natación Máster. Un evento completamente especial que, despois de 3 anos, volveu a celebrarse sen restricións e sobre todo con moitas ganas.

Nel participaron 1.253 nadadores de todas as idades pertencentes a 161 clubs de toda España e algún de Portugal, unhas cifras de récord que confirman a necesidade que ten a xente de volver á normalidade total.

De feito, viviuse un campionato do todo espectacular en canto a ambiente e a récords, baténdose un total de catro Europa e 69 España.

En canto á clasificación por clubs masculinas o CN Galaico tívose que conformar cun 58 posto tras lograr un total de 101,00 puntos nun podio que liderou o CD Jerez Natación Máster con 2.310,50 puntos e que completaron o CN Monteverde con 1.591,00 e o CN Cuatro Caminos con 1.501,50.

Mellor posición conseguiu o equipo feminino do CN Galaico, logrando o posto 28 con 228,50 puntos.

O podio, nesta ocasión, foi o mesmo que o masculino. Primeiro o CD Jerez Natación Master (1.593,00 puntos), segundo o CN Monteverde (1.101,50 puntos) e terceiro o Cuatro Caminos (993,00 puntos).

Finalmente, feito o reconto da participación tanto masculina como feminina, o conxunto pontevedrés logrou un bo posto 31 (357,50 puntos) dun total de 154 participantes.

Consulta os resultados do Campionato de España Open de Inverno de Natación Máster na seguinte ligazón.