Cautela no líder Cisne antes de viaxar á pista do pechacancelas Palma del Río

Pontevedra
15 de novembro 2019

A pesar do seu papel de favorito, o conxunto pontevedrés non se fía dun equipos que a pesar do seu mal momento acumula unha ampla experiencia na categoría. O choque disputarase en terras cordobesas a partir das 19:00 horas deste sábado

Jabato nun adestramento do Cisne
Jabato nun adestramento do Cisne / Mónica Patxot

O Club Cisne Balonmán quere prolongar unha semana máis o seu histórico liderado na División de Honra Prata, unha condición que poñerá en xogo este sábado (19:00 horas) na pista do último clasificado, o Palma del Río Cordobés.

A pesar do que reflicte a táboa non se fía o cadro pontevedrés, e Jabato pide prudencia aos seus: "Hay que ser cautelosos, se trata de una pista complicada. Llevan muchísimos años en la categoría, ya lo vimos el año pasado, íbamos bien y al final se llevaron ellos la victoria", sinalou o técnico antes de emprender viaxe rumbo a Andalucía.

O Palma del Río aínda non puntuou esta tempada, pero púxolle as cousas complicadas na súa pista aos rivais que por alí pasaron, como pasou co Teucro (25-29).

"Es un equipo joven, que ha cambiado mucha gente y que no tiene al cien por cien a jugadores importantes como Julián Portero, pero a pesar de ello juegan a un ritmo muy alto, y cuentan con jugadores muy talentosos", analiza o segundo adestrador cineísta, Marcos Otero.

O duelo será arbitrado polos andaluces Manuel Mohedano e Vicente Peris.