Cerdedo-Cotobade, unha terra de 'motor'

Cerdedo Cotobade
17 de febreiro 2021

O alcalde, Jorge Cubela, ofreceu unha recepción oficial a Javier Leiro e Mario Martínez, campións galegos de Montaña, reiterando a aposta municipal por seguir celebrando probas de motor nas súas estradas en canto a pandemia o permita

Jorge Cubela recibe no Concello de Cerdedo-Cotobade a Javier Leiro e Mario Martínez
Jorge Cubela recibe no Concello de Cerdedo-Cotobade a Javier Leiro e Mario Martínez / Concello de Cerdedo-Cotobade

Os deportes de motor teñen casa en Cerdedo-Cotobade. 

"Non se pode entender o mundo das carreiras e das competicións automobilísticas en Galicia sen facer referencia ao noso concello e estamos moi orgullosos de que así sexa", defendeu o seu alcalde, Jorge Cubela, aproveitando a recepción a dous deportistas do municipio.

En concreto o rexedor ofreceu unha recepción oficial a Javier Leiro e Mario Martínez, campións galegos de Montaña en Regularidade Sport 80 Km/h Tipo A, título conseguido a pasada  tempoarada nas competicións organizadas pola Federación Galega de Automobilismo.

Cubela fíxolles entrega a estes dous pilotos dunha placa conmemorativa reiterando a súa felicitación e o desexo de que cando a pandemia permítao as competicións de motor volvan pasar por Cerdedo-Cotobade.

Neste sentido, no calendario de 2021 prevense dúas citas con paso polo municipio, unha co regreso do Rally do Albariño tras 12 anos de ausencia (19 de xuño) e outra coa 23 Subida a Pontevedra do Campionato Galego de Montaña que percorrerá a parroquia de Almofrei (17 e 18 de xullo).