Chano Rodríguez, en boa forma pensando en Río

Pontevedra
12 de maio 2016

O veterano deportista do Club Natación Galaico conseguiu catro medallas no Campionato de Europa de Natación Adaptada celebrado na localidade portuguesa de Funchal

Chano Rodríguez posa coas medallas conseguidas no Europeo, en Funchal
Chano Rodríguez posa coas medallas conseguidas no Europeo, en Funchal

A poucos meses de que some ao seu extenso palmarés unha nova participación nos Xogos Paralímpicos, Chano Rodríguez segue afinando a súa posta a punto con resultados que lle enchen de moral pensando na cita de Río de Janeiro.

O veterano deportista do Club Natación Galaico de Pontevedra acaba de participar no Campionato de Europa de Natación Adaptada, celebrado na localidade portuguesa de Funchal, onde conseguiu un total de catro medallas.

Chano conquistou o ouro na proba dos 50 libre, na categoría S5. Ademais sumou outros tres metais, todos eles de bronce, nos 100 e 200 estilos e na remuda 4x50 mixta.

Aos seus 59 anos o incombustible nadador vigués do Galaico segue a demostrar que é unha clara opción de podio para a delegación española nos próximos Xogos.