"Despois duns días difíciles polo vivido o sábado, chega o momento de gozar". Así explica o propio Marín Futsal o momento que vive a poucas horas de afrontar a súa participación na fase final da Copa da Raíña.
O torneo copeiro vivirá os seus duelos decisivos esta fin de semana en Ourense, comezando este venres 6 de maio cuns cuartos de final onde as marinenses mediranse ao STV Roldán (13.30 horas), actual cuarto clasificado na liga de Primeira División.
"Pasamos páxina e o equipo está mentalizado en saír e dalo todo na Copa de S.M. a Raíña", asegura o club do Morrazo superados os casos de covid e incidencias no plnatel que desencadearon o sucedido no partido de liga fronte ao Burela, con só tres futbolistas dispoñibles.
O obxectivo do Marín Futsal será "facer un gran papel para dedicarllo á afección e para gozar moitísimo sobre a pista", porque "non todos os días chégase á fase final dunha competición tan máxica como está".
De superar o seu primeiro encontro, o conxunto adestrado por Raúl Jiménez cruzaríase nas semifinais co vencedor do partido entre o favorito Futsi Atlético Navalcarnero e o Sala Zaragoza.