Chegan Jacobo Millán e Anxo (ex do Boiro), dous centrocampistas que poñen a 'guinda' ao novo Pontevedra

Pontevedra
21 de xullo 2014

Apenas unha hora antes de iniciar os adestramentos da pretempada, o Pontevedra pechaba as súas dúas últimas fichaxes. Dous centrocampistas que, segundo a presidenta do club, Lupe Murillo, poñen a "guinda" ao equipo granate

Jacobo Millán e Anxo, na súa presentación como novos xogadores do Pontevedra
Jacobo Millán e Anxo, na súa presentación como novos xogadores do Pontevedra / Mónica Patxot

Apenas unha hora antes de iniciar os adestramentos da pretempada, o Pontevedra pechaba as súas dúas últimas fichaxes. Dous centrocampistas que, segundo a presidenta do club, Lupe Murillo, poñen a "guinda" ao equipo granate. Trátase de Jacobo Millán, que despois dunha tempada no Compostela regresa ao Pontevedra, e do interior esquerdo Juan Ángel Vidal, coñecido deportivamente como 'Anxo', que chega do Boiro.

Jacobo Millán era o "deseado" por todos os estamentos deportivos do club, segundo Lupe Murillo. Dende o principio o seu nome soou para reforzar o centro do campo granate. El mesmo aseguraba que a do Pontevedra "era una de las posibilidades que tenía para seguir jugando al fútbol" e aínda que recoñece que lle custou decidirse di estar "contento de volver a casa" para achegar "lo que poueda" para conseguir o ascenso que ansía o club e toda a cidade.

Sabe que a titularidade vai estar disputada polo Pontevedra logrou reunir un equipo "bastante fuerte". Asegura que "va a estar complicado jugar y hay que ganárselo por la semana en los entrenamientos", aínda que pide ir paso a paso e por agora, sinala, "hay que volver a empezar y coger fuerzas porque la temporada va a ser larga, el Pontevedra será el equipo a batir desde el primer momento y hay que estar preparando para lo que venga".

Pola súa banda, Anxo é un interior esquerdo de 26 anos que ademais do Boiro, militou entre outros no Villalonga e o Cerceda. A súa fichaxe produciuse a última hora, recoñece a presidenta, ao entender o corpo técnico que lles faltaba un xogador das súas características. "Es una oportunidad que se me presentó y no tuve mucho que pensar", explicou o xogador. "Fue todo a última hora y estoy muy contento por llegar a un club histórico como este".

Tanto Jacobo como Anxo asinaron por unha tempada, coa posibilidade de renovar se o Pontevedra logra o ascenso á Segunda B. Con ambos os dous, o Pontevedra pecha o seu equipo para este ano.

O ascenso é un obxectivo, insistiu Lupe Murillo, irrenunciable para esta tempada. "Tienen que ganar sí o sí, quedar de primero sí o sí y ascender sí o sí. No cabe otra. No voy a exigir menos que eso", reiterou a presidenta do Pontevedra, que destacou que se formou un equipo "excepcional y de garantías". Fichouse, dixo, "todo lo que creíamos que era lo mejor en Galicia para nuestro proyecto" e destacou que "ha sido un honor que nadie nos ha dicho que no, todo lo que hemos ido a buscar lo hemos conseguido".