Javi Gómez Noya quere ampliar esta fin de semana a súa lenda logrando algo que ninguén fixo no seu deporte, sumar o seu quinto título mundial.
O triatleta galego afronta en Chicago a Gran Final das Series Mundiais, campionato que lidera con suficiencia pero que aínda debe rematar tras unha tempada marcada pola regularidade.
Gómez Noya só quedou fóra do podio na primeira cita do calendario, en Abu Dhabi, sumando dous triunfos en Yokohama e Estocolmo.
En Chicago ao deportista afincado en Pontevedra bástalle con ser terceiro, independientemente dos que fagan o resto dos seus rivais que aínda contan con opcións: o español Mario Mola, o francés Vincent Luís e o sudafricano Richard Murray.
Quinto no Mundial é o talaverano Fernando Alarza, que tamén ten a súa base de adestramento na cidade de Lérez.
A carreira disputarase baixo distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 quilómetros de carreira a pé) na madrugada do sábado a domingo (0:00 horas en España), retransmitida en directo pola Televisión de Galicia.