A vitoria 'in extemis' conseguida polo Pontevedra Club de Fútbol ante o Fabril "ao equipo dálle moita vida".
Así o asegurou este mércores Víctor Vázquez 'Churre', un dos capitáns do primeiro plantel granate, desde a sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón.
"Creo que máis aló do gol foi un partido completo, que remando entre todos sacamos adiante", asegura convencido de que vai supoñer un punto de inflexión.
"Confío no equipo", defendeu Churre nunha semana na que tocará render visita ao Langreo asturiano nun "campo sintético pero grande, no que se pode xogar". En todo caso "eles están en dinámina positiva e xogan na casa. Sabemos que vai ser un partido complicado", avisa o central.
Será un duelo importante, iso si, para "gañar e tentar engancharnos aí arriba definitivamente".