Churre cre que "ya casi no hay margen de error" para o Pontevedra

Pontevedra
20 de xaneiro 2021

O central marinense, recoñecido como mellor xogador granate do último mes, defende que o Pontevedra debe ir ao campo do líder Unionistas "desde el minuto 1 a apretarles arriba e intentar ganar el partido. No especular"  

Víctor Vázquez 'Churre', xogador do Pontevedra Club de Fútbol
Víctor Vázquez 'Churre', xogador do Pontevedra Club de Fútbol / Mónica Patxot

O Pontevedra quere deixar canto antes atrás as malas sensacións do derbi galego fronte ao Racing de Ferrol, no que "todo el equipo sabe que no estuvo bien en ningún aspecto", defende un dos capitáns, Víctor Vázquez 'Churre'.

O central marinense recibiu o recoñecemento de mellor xogador granate o último mes, e repaso a actualidade do club pensando xa no inminente desprazamento ao campo do líder, o Unionistas de Salamanca, o vindeiro domingo 24 de xaneiro (16.00 horas).

"Estamos con ganas de que llegue ya cuanto antes el partido de Unionistas. Sabemos lo que nos jugamos, ya casi no hay margen de error", recoñece facendo autocrítica pero mirando cara adiante coa idea de recuperarse canto antes.

"Ahora en momentos complicados es cuando tiene que verse que hay jugadores importantes en el equipo", defende un dos futbolistas con maior peso no vestiario granate.

Por todo iso o defensor non se detén na boa serie que atravesa o próximo rival, e só fala de que "nosotros vamos con el objetivo de ganar. Jesús ya habló con nosotros y el partido ya está enfocado para jugarlo de una manera, que es ir desde el minuto 1 a apretarles arriba e intentar ganar el partido, no especular. La intensidad y la ambición de ganar el partido tiene que verse desde el principio", asegura.

Para Churre "es una liga muy corta, lo dijimos desde el principio de temporada que no se podían fallar tres partidos seguidos" e agora "hemos fallado dos, creo que es el momento de dar un paso adelante".

Nin sequera o feito de visitar un dos dous campos de herba artificial nos que xogarán esta tempada (xunto ao do Guijuelo) debe supoñer un hándicap xa que "no deberíamos tener muchos problemas porque entrenamos casi toda la semana en campo sintético. Excusas ya no hay, aquí hay que jugar dónde toque y dar la cara que aún queda mucho y estamos vivos", mantén o futbolista granate no que supón toda unha declaración de intencións.