Churre: "Mientras no me escache de todo estaré disponible para el míster"

Pontevedra
11 de decembro 2019

O central granate, que arrastra desde hai uns meses molestias no seu xeonllo, será sometido a unha resonancia magnética para coñecer a causa da doenza, pero non pensa en parar e apúntase ao importante duelo do próximo sábado ante o Rayo Majadahonda

Víctor Vázquez 'Churre' nun adestramento do Pontevedra en Pasarón
Víctor Vázquez 'Churre' nun adestramento do Pontevedra en Pasarón / Cristina Saiz

É un dos futbolistas que comezou a semana 'tocado', adestrando á marxe do equipo xunto aos lesionados Pol Bueso, Mejía e Brian, pero ten que ser moi grave o que padeza para deixalo fóra do equipo.

Víctor Vázquez 'Churre' xa adestrou este mércores co grupo, aínda que cunha vendaxe que cubría o seu xeonllo por precaución. A situación preocupa e decidiuse someterlle a unha resonancia magnética para determinar a orixe dos problemas. Con todo ese problema non o converte en baixa para o importante duelo do sábado 14 de decembro contra o Rayo Majadahonda.

"La resonancia puede poner lo que quiera que yo mientras no me escache de todo estaré disponible para el míster", asegurou o central marinense despois de recibir o premio que lle distingue como xogador máis regular do pasado mes.

"Llevo un par de meses que depués de partidos y de realizar esfuerzos grandes tengo ahí una molestia", explicou ante os medios de comunicación aínda que "a partir del miércoles ya suelo estar bien".

Churre asegura sobre as lesións que arrastra o equipo que "no recuerdo una semana en la que estuviéramos todos, por unas cosas o por otras siempre pasa algo, pero esto es fútbol", sinalou restándolle importancia.

Onde si quixo poñer o foco é no partido ante o Rayo Majadahonda, cuarto clasificado a tres puntos de distancia, porque de gañar "nos meteríamos de lleno en esa pelea que es lo que todos queríamos a principio de temporada".

En todo caso o defensor granate apela á prudencia ante a melloría do Pontevedra xa que "hasta ahora aún no hicimos nada. Todo lo mal que lo hicimos al principio estos dos o tres meses lo arreglamos un poco pero aún nos queda mucho margen de mejora", sentenciou.