Despois dun primeiro terzo da competición ligueira cun "balance positivo", o Teucro prepárase para iniciar unha das fases máis esixentes do campionato na División de Honra Prata, na que se enfrontará a equipos da zona media-lata da táboa.
O primeiro deles, no emblemático Quijote Arena de Cidade Real (sábado, 18:30 horas), é o Balonmano Alarcos, un equipo que a pesar da irregularidade mostrada no inicio de liga "ocupan un puesto que no se corresponde son su plantilla", asegura Quique Domínguez. Ademais "ahora mismo están jugando bien", en progresión e "estoy seguro que van a ir hacia arriba y pelearán por entrar en la fase de ascenso".
A pesar dos virus propios da época que afectaron a varios xogadores durante a semana de adestramentos "estaremos todos a excepción de Jose Rial y Saúl Campo", recoñeceu o técnico pontevedrés.
De feito os adestramentos víronse condicionados ata este xoves, tendo que recorrer a xogadores do filial para completar as sesións.
Os azuis buscarán en Cidade Real a súa oitava vitoria consecutiva na liga, que lles permita manter a espreita ao primeiro posto, nun partido que será arbitrado polos vascos Ansoleaga Torrontegui e Izquierdo Molina.